En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O Barco, entre os concellos que reciben da Xunta unha embarcación de augas interiores

Ademais a agrupación de Protección Civil da vila recibía dous días antes un diploma en recoñecemento da súa traxectoria de 25 anos

A Praia do Lago das Pontes era escenario o 27 de marzo da entrega de diverso material, por parte da Xunta de Galicia, de equipos de emerxencias de concellos de diferentes puntos da comunidade. Entre eles estaba O Barco que recibía de mans do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, unha embarcación para augas interiores que será utilizadas polos servizos de emerxencias e Protección Civil da localidade.

A este acto asistía, en representación do Concello do Barco, o edil de Medio Rural, Jesús Jares, e Fernando Valcarce, un dos integrantes do GES Valdeorras. “Con esta embarcación, increméntase o material do que se dispón no Barco pare a atención en emerxencias”, sinalan dende o Concello. Tamén recibían embarcacións os GES da Gudiña, Ribadavia e Avión.

A entrega desta embarcación tivo lugar dous días despois doutro evento de apoio e recoñecemento organizado pola Xunta de Galicia para homenaxear aos voluntarios de Protección Civil. Celebrábase na Estrada e nel a Agrupación de Protección Civil do Barco de Valdeorras recibía un diploma en unha medalla polos 25 anos de existencia da agrupación. Neste caso, estaban presentes voluntarios de Protección Civil do Barco, entre eles o seu responsable, Rafael Rodríguez Rose, e o primeiro teniente de alcalde, Aurentino Alonso.

Fotos cedidas polo Concello do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close