Galerías de fotosÚltima hora

O Barco entregouse ao Botelo

Máis de mil persoas asistían á XV edición da festa gastronómica, declarada de Interese Turístico de Galicia

Non tódolos días se cumpren 15 anos a idade que a Festa do Botelo celebraba no Barco o 24 de xaneiro de 2015, unha edición moi especial pois foi a primeira organizada como Festa de Interese Turístico de Galicia, contando coa presenza de numerosos asistentes do Barco pero tamén de doutros puntos de Galicia, de España e incluso do estranxeiro.

A festa comezaba coma sempre no IES Martaguisela cun solemne acto que abrían as voces do Orfeón Valdeorrés que tamén poñía o seu gran de area á celebración coa interpretación dun tema adicado ao Botelo, escrito por un dos membros, José Luis Folla e musicalizado polo director, José Ramón Mansilla. Despois viría o pregón a cargo do barquense José Ángel Rodríguez e a mención de honra a Francisco Barredo.

Pouco despois comezaba o esperado xantar, que reunía a máis de mil persoas no pavillón de Calabagueiros ao redor do afamado botelo, coas súas patacas e repolo.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.
Fotos: Carlos G. Hervella/ Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button