DeportesÚltima hora

O Barco, escenario de diversas xornadas “Xogade” de atletismo en pista

A primeira delas, que coincidirá ademais co I Control de Marcas Federado, terá lugar na tarde do 7 de abril en Calabagueiros

 

Imaxe dunha proba anterior do programa Xogade no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

Dobre cita atlética na xornada do 7 de abril nas pistas barquenses de Calabagueiros. A partires das 16:30h. está previsto que comece a I Xornada previa de Valdeorras de Atletismo en pista do programa “Xogade”  (Xogos Galegos Deportivos en idade escolar). Nela participarán os alevíns, benxamíns e infantís, que competirán en probas como 1 km marcha, 2 km marcha, 80 mv, 60 ml, 1.000 ml, 50 ml ou 1.000 obstáculos, ademais de no lanzamento de xavelina e pelota ou no salto de lonxitude.

Estas probas serán organizadas pola Delegación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo (FGA), co control do Comité Valdeorrés de Xuíces.

Tamén o 7 de abril, pero ás 17h., Calabagueiros acollerá o Iº Control de Marcas Federado para as categorías cadete, xuvenil e absoluto. A cita será tamén organizada pola Delegación Valdeorresa de Atletismo co patrocinio do Servizo Provincial de Deportes da Xunta e co control do Comité Valdeorrés de Xuíces da FGA.

 

Artigos relacionados

Back to top button