DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Barco, escenario do galego de categorías base por equipos

As pistas de Calabagueiros acollían a preto de 80 equipos chegados de difernetes puntos da comunidade

Os atletas máis novos convertíanse ao longo da xornada do 27 de maio en protagonistas no Barco. As pistas de Calabagueiros acollían o campionato galego por equipos para as categorías benxamín, alevín e infantil. Ao longo da mañá desputábanse a probas de benxamín e a alevín, e xa pola tarde, as dos infantís.

Entre os participantes, de preto de 80 equipos galegos, estaban os atletas do Adas Proinor, con cuxas cores competían tamén deportistas triveses. Este club colleitaba numerosos podios. A proba ten sido organizada pola Delegación Valdeorresa da Federacíon Galega de Atletismo (FGA).

Fotos: Carlos G. Hervella, agás as catro últimas cedidas polo Concello de Trives.
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Back to top button