ConcellosÚltima hora

O Barco estará presente nos XII Xogos do Eixo Atlántico que comezan mañá en Lugo

O concello valdeorrés participará en atletismo, fútbol e baloncesto
XI Xogos Frente Atlántica do Eixo Atlántico.

En fútbol (cun equipo infantil-cadete), en baloncesto (cun equipo masculino e feminino) e en atletismo (con 11 atletas). Son as tres disciplinas deportivas coas que o Concello do Barco de Valdeorras participará nos Xogos do Eixo Atlántico que se celebrarán do 4 ao 9 de xullo en Lugo, Sarria e Monforte con preto de 1.850 cativos ata os 16 anos. “Tamén ía ir un equipo de voleibol pero teñen unha competición en Portugal e non poden”, explica o concelleiro de Deportes, Aurentino Alonso.

Os campionatos comezarán mañá e Lugo conforme ao seguinte programa: Ás 13:30 horas celebrarase un xantar protocolario no Restaurante España. Ás 16h. o programa da Radio Galega “A Tarde” retransmitirá en directo dende a praza Maior e en torno ás seis e media chegarán as autoridades á praza para recibir aos deportistas que desfilarán dende a rúa San Marcos ata a praza Santa María pasado por diante do Concello. Para as sete da tarde está previsto o acto de inauguración coa entrega do Trofeo do Xogo Limpo e as homenaxes.

As competicións terán lugar os días 5, 6, 7, 8 e 9 de xullo, e Lugo acollerá as modalidades de fútbol, no campo municipal das Gándaras; baloncesto, no Pazo Provincial dos Deportes; atletismo e atletismo adaptado, nas Pedreiras

Artigos relacionados

Back to top button