EconomíaEconomíaÚltima hora

O Barco estrea placas en pizarra cos nomes das rúas

O Concello pretende con este proxecto promocionar a lousa “como un material idóneo para este tipo de usos”

 

Unha das novas placas de lousa co nome dunha das rúas do Barco.

 

Nestes días os operarios municipais do Concello do Barco están procedendo a substituír as placas cos nomes das rúas da vila por outras realizadas en lousa. “Trátase  dun proxecto que se executará ao longo de varios anos co obxectivo de que no 2019 queden substituídas todas as placas polos novos modelos”.

Neste ano, ademais das placas das rúas e prazas de nova creación, tamén serán cambiadas as dun total de 22 vías urbanas, segundo adianta o Concello. E para isos xa se preparon preto de 50 placas de lousa. Delas, 11 rúas terán letreiros “simples”, “unicamente co nome da vía, e en outras 11, dedicadas a personaxes de relevancia, engadiuse ademais unha pequena descrición da persoa á que se lle adica a vía”.

O Concello pretende con este proxecto promocionar a lousa “como un material idóneo para este tipo de usos” e “dar a coñecer aos cidadáns os rasgos máis importantes dos personaxes aos que se lle dedicaron rúas no Barco”.

Nesta primeira fase da intervención subsituíranse os rótulos das rúas situadas no casco vello, así como algunhas da zona centro. Nas fases progresivas (está prevista outra a finais deste ano, e a última en
2019), irase estendendo por zonas ata rematar todas as rúas e prazas da vila.

Rúas nas que se cambiarán as placas nesta primeira fase, cos textos que se indican:

Avenida de
Marcelino Suárez
(1866-1949)
Empresario mineiro e fundador de Caleras de Valdeorras
——————————————————————-
Rúa do
Doutor Pérez Lista
(1901-1988)
(antes Rúa Nova)
Médico barquense. Foi director do Instituto Nacional do Cancro
————————————————————–
Rúa da
Academia Dequidt
Centro de ensino secundario do Barco entre 1948 e 1971
—————————————————————
Praza de
José Otero
(1869-1957)
Comerciante do Barco
————————————————————————-
Rúa de
Lauro Olmo
(1921-1994)
Dramaturgo barquense. Premio Nacional de Teatro en 1962
—————————————————————————–
Rúa de
Eloi Rodríguez Barrios
(1910-1974)
Médico do Barco
———————————————————-
Rúa de
Álvaro Cunqueiro
(1911-1981)
Novelista, poeta, dramaturgo e xornalista galego
——————————————————————————————
Rúa do
Profesor Eloi Mira
(1890-1943)
————————————————————————————————
Rúa de
Lamas Carvajal
(1849-1906)
(antes A Tafona)
Xornalista ourensán fundador do Rexurdimento
Nota de prensa
——————————————————————–
Praza de
Andrés de Prada
(1545-1611)
Político e militar natural de Outarelo. Secretario de Felipe II e Felipe III
———————————————————————–
Rúa de Rosalía de Castro
(1837-1885)
(antes A Tafona)

Praza do Concello
Rúa de España
Praza do Príncipe de Asturias
Rúa da Valorca
Rúa dos Muíños
Rúa da Estación
Rúa de San Mauro
Rúa Real
Rúa San Roque
Rúa das Airas
Praza Maior

Artigos relacionados

Back to top button