CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O Barco estrea un novo sistema de acceso ao Estadio Municipal de Calabagueiros

 

A situación sanitaria provocada pola pandemia de coronavirus obrigou a tomar moitas medidas extraordinarias para evitar os contaxios, entre elas, a distancia social.

Axilizar a entrada ao campo sen necesidade de que teñan que estar varios membros do club, é o obxectivo do novo sistema, mecanizado, para acceder ao Estadio Municipal de Calabagueiros que o CD Barco estreaba na tarde deste domingo 20 de decembro, no partido ante a UD Atios.

Trátase dun aparello dixital co que simplemente con pasar o DNI, ábrese o acceso coma se do aeroporto se tratara. Ao mesmo tempo, colocando o pulso nunha célula aparece a temperatura do afeccionado en cuestión nunha pantalla, sen necesidade de medila coa pistola como viñan facendo ata agora. Un sistema innovador nos campos de fútbol que non tardarán en incorporar outras localidades.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button