ConcellosÚltima hora

O Barco garda un minuto de silencio en memoria das vítimas do Covid-19

 

Ás 12h. deste 27 de maio gardábase un minuto na praza do Concello do Barco en memoria das persoas falecidas durante a pandemia do coronavirus.

Na súa reunión de onte, o Consello de Ministros aprobaba a convocatoria de dez días de loito oficial, que se establece dende as 00:00 horas do mércores 27 de maio ata as 00:00 horas do sábado 6 de xuño.

O Concello do Barco participaba nesta conmemoración e tamén á iniciativa da FEMP de manter un minuto de silencio hoxe ás 12:00 horas, detendo con iso a actividade en todo o territorio en recordo e respecto á memoria dos que se foron.

Artigos relacionados

Back to top button