En portadaÚltima hora

O Barco habilitará tres aparcamentos o 1 de novembro para facilitar o acceso ao cemiterio

Zona de aparcamento no cemiterio municipal do Barco.

Se se cumpren as previsións meteorolóxicas, o vindeiro venres 1 de novembro, Día de Todos os Santos, chovera, e iso implicará máis desprazamentos en coche. Tendo isto en conta, o Concello do Barco habilitará nesa xornada tres aparcamentos nas proximidades do cemiterio municipal barquense: o antigo matadoiro, a pista de fútbol sala das Casas Baratas e a zona norte do cemiterio.

A celebración relixiosa está prevista para as catro e media da tarde, polo que dende a Policía Local recoméndase desprazarse con tempo, xa que se espera unha notable afluencia de vehículos. O sentido de circulación será único en dirección á cooperativa.

 

Artigos relacionados

Back to top button