ConcellosÚltima hora

O Barco homenaxea a “Don Bienvenido”, antigo párroco de Viloira

O paseo que vai dende a Casa Grande de Viloira ata a pasarela peonil que conecta este pobo co Barco leva agora o seu nome
Un dos momentos do acto inaugural do paseo.
Un dos momentos do acto inaugural do paseo.

O labor de Bienvenido Miguélez, antigo párroco de Viloira (O Barco), como sacerdote e profesor, pero tamén os seus valores como persoa, resaltábanse nas diferentes intervencións do acto inaugural do paseo entre a Casa Grande e a pasarela peonil de Viloira que agora leva o seu nome. Primeiro interviña o concelleiro de Cultura, Eduardo Ojea, recordando que a decisión de adicarlle esta rúa saía dun acordo plenario, de seguido o veciño de Viloira Jaime Dosouto, o actual párroco de Viloira, Nicolás Martínez e, finalmente o alcalde do Barco, Alfredo García.

Antes de descubrir a placa, situada no comezo do paseo (xusto na porta que dá acceso ao xardín da Casa Grande), o coro da igrexa de Viloira, creado polo sacerdote, interpretaba dúas pezas.

Fotos: Ángeles Rodríguez
Máis información e fotos na vindeira edición de agosto do Periódico O Sil

O alcalde barquense, con membros do coro e algúns dos veciños presentes no acto.
O alcalde barquense, con membros do coro e algúns dos veciños presentes no acto.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button