Galerías de fotosÚltima hora

O Barco homenaxea ao botelo

Coa música do grupo de corda do Conservatorio arrancaban os actos da XIV Festa do Botelo do Barco no mediodía do 18 de xaneiro. De seguido, tiña lugar a lectura dun entretido pregón, que corría a cargo do editor e fotógrafo do Periódico O Sil, Carlos García, e a homenaxe á hostaleira Rita Barrio de Casa Ignacio. O acto, celebrado nun abarrotado salón de actos do IES Martaguisela do Barco, foi presentado por Jaime Dosouto. Xa ás 14:30 h. os asistentes cambiaban de escenario para dirixirse ao polideportivo de Calabagueiros para desfrutar do xantar do botelo, que congregaba nesta edición a un millar de persoas.

Fotos: Ángeles Rodríguez/ Mónica G. Bellver
(Máis información na próxima edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button