ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O Barco honra a San Roque

A procesión co santo centrou o programa festivo do domingo 16 de agosto que continuará pola tarde

Ás 13h. do domingo 16 de agosto, unha hora máis tarde do previsto inicialmente, os veciños das Casas Baratas, no Barco de Valdeorras, sacaban a imaxe do seu patrón, San Roque, en procesión. Acompañado pola imaxe da Virxe (a ombros das mulleres) e dun grupo de gaiteiros, a procesión percorría parte do casco antiguo da vila ata rematar de novo no centro do barrio, onde tiña lugar a eucaristía.

Os actos relixiosos enmárcanse na programación das Festas de San Roque na localidade barquense que arrancaban xa o venres 14 de agosto, e que continuarán ao longo da tarde de hoxe 16 de agosto, con diferentes actividades de carácter lúdico. O baile correrá por conta da orquestra Noche de Gala.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button