En portadaGalerías de fotos

O Barco honra a Santa Rita

O 22 de maio é o día grande destas festas, que se prolongarán na vila ata o 25 deste mes

Cun programa relixioso, pero tamén repleto de propostas musicais, culturais, lúdicas e deportivas O Barco celebra as festas de Santa Rita. O seu día grande é o 22 de maio e comezaba cun pasarrúas da Banda de Música do Barco pola rúa principal da vila para, de seguido, dirixirse á igrexa de Santa Rita e preceder a procesión da imaxe desta santa, sobre un manto de rosas vermellas, ás doce do mediodía. Despois da misa, podía escoitarse de novo un concerto desta agrupación musical barquense.

Xa pola tarde a orquestra Essencia será a encargada de amenizar o baile a partires das 20:30h. e despois de cear, na verbena ata a madrugada. Ese día celebrarase asemade a III Velada Concello do Barco de deportes de contacto, con combates de Kick Boxing, K1 e Boxeo. A cita será a partires das 20:30h. no pavillón de Calabagueiros e como en edicións anteriores, contará coa presenza de varios competidores locais.

O sábado 24 de maio en horario de tarde celebraranse dúas probas de piragüismo no río Sil: ás 15:30h. Copa España de descenso de augas bravas clásica individual con saída dende Éntoma e meta na Pasarela do Malecón; e ás 18h. Copa de España de descenso por patrullas clásica, tamén dende Éntoma ata o Malecón barquense. Ese día celebrarase asemade a primeira xornada dunha nova edición do Trofeo de Santa Rita de tiro ao prato organizado por armería Alfer, en horario de mañá e tarde no polígono industrial da Raña.

Fotos: Carlos G. Hervella/ Ángeles Rodríguez

Máis información na edición en papel do Especial Santa Rita de O Sil

Artigos relacionados

Back to top button