ConcellosEn portadaO BarcoÚltima hora

O Barco honra ao Nazareno cun misa solemne e sen procesión

 

Hoxe, martes 14 de setembro, é o día grande do Cristo no Barco de Valdeorras, pero non hai música polas rúas, nin actos culturais nin deportivos. Primeiro a pandemia de Covid e máis tarde o falecemento dunha xove veciña, facían do Cristo 2021 unha data máis ben triste.

Con todo, o fervor que a poboación sente polo Nazareno quedaba patente unha vez máis na misa solemne celebrada na súa honra. Tralas sucesivas celebracións (unha cada hora dende as oito da mañá) e tal como estaba previsto, ás 12 horas comezaba a eucaristía presidida polo novo párroco do Barco, Jesús Álvarez Álvarez (tomaba posesión do seu cargo o día 5 coincidindo co inicio da novena do Cristo en San Mauro) e coa participación doutros sacerdotes do Arciprestazgo.

 

Imaxe do Nazareno na igrexa de San Mauro.

 

Este ano, a diferencia doutros anteriores á pandemia, a misa tiña lugar no interior da igrexa de San Mauro cantada polo coro e sen a multitudinaria e tradicional procesión polas rúas do Barco coa imaxe do Nazareno. E precisamente, explicando estes cambios propiciados pola pandemia “deste maldito virus que veu para quedarse”, comezaba o párroco a celebración, seguida por numerosos devotos presentes no templo e por outros dende as súas casas vía streaming a través do perfil de Facebook do sacerdote.

 

Jesús Álvarez Álvarez, o novo párroco do Barco.

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button