CD BarcoDeportesFútbolUD OurenseÚltima hora

O Barco imponse 0-2 no Couto e lévase o Memorial CD Ourense

Os goles de David Álvarez e Adrián Díaz daban a vitoria aos de Javier Rey no penúltimo test da pretempada

 

De menos a máis, mellorando partido a partido. Así está sendo esta intensa pretempada para o CD Barco que na tarde deste sábado 4 de setembro sumaba a segunda vitoria neste período de preparación. E facíao nada máis e nada menos que a domicilio, no campo do Couto, no Memorial CD Ourense.

Trala goleada ante o en Calabagueiros, ás 18:30 horas deste caluroso sábado de finais de verán, os rapaces de Javier Rey saltaban ao terreo de xogo dispostos a manter a racha e facerse co trofeo diante dunha UD Ourense que este ano competirá na Preferente.

Así, os visitantes adiantábanse no marcador co gol de vaselina de David Álvarez rematando a primeira parte co 0-1. E tralo paso polo vestiario con numerosos cambios no banquiño barquense (Víctor Oliver por Juan Barbeito; Adri Díaz e Andrés Calvo por Juanma Justo e David Álvarez; Rodri Alonso e Carlos Cruz por Javi Pazos e Pablo Rubio…) era o recén chegado ao campo, Adri Díaz, quen sentenciaba o partido poñendo o 0-2.

 

Ivi Vales co trofeo do Memorial CD Ourense.

 

Antes de rematar o encontro Iván Tato e Carlos Villar entraban por Óscar Martín e Duque pero o marcador xa non se movería sendo o capitán do conxunto barquense, Ivi Vales, quen recollía o trofeo de campión do memorial.

Con este resultado e os ánimos moi altos, o Barco enfrontarase o vindeiro mércores 8 de setembro á SD Ponferradina de Segunda División, nun clásico de pretempada co que porán punto e final á preparación deste ano antes do comezo de liga, o domingo día 12.

Fotos: Julio Quintas.

Artigos relacionados

Back to top button