DeportesÚltima hora

O Barco imponse ao Pontevedra B en Calabagueiros

Cun resultado de 4 goles a 1 se saldaba o choque da 9ª xornada de liga en Preferente
Os xogadores do C.D. Barco e Pontevedra B. saíndo ao terreo de xogo en Calabagueiros.
Os xogadores do C.D. Barco e Pontevedra B saíndo ao terreo de xogo en Calabagueiros.
Plantel do Pontevedra C.F. "B".
Plantel do Pontevedra C.F. “B”.

Na tarde do domingo 26 de outubro, o campo barquense de Calabagueiros acollía o encontro correspondente á novena xornada ligueira no grupo sur de preferente.

Nun lado do campo o equipo local, o Centro de Deportes Barco que chegaba dende a metade superior da clasificación logo das últimas vitorias. No outro lado, o equipo visitante, o Pontevedra C.F. “B” que afrontaban o encontro dende a zona baixa da clasificación.

O partido comezaba cun bo Pontevedra que apretaba chegando o primeiro tanto visitante, pero pouco a pouco os locais íanse metendo no partido, con varias oportunidades que aproveitaron. Ao final, os rapaces de Javi Rey lograban impoñerse con autoridade, rematando o encontro do 4-1 final e tres puntos máis no casilleiro barquense.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button