SanidadeÚltima hora

O Barco incorporará desfibriladores nas instalacións deportivas

A vila valdeorresa convértese así nun espazo cardio protexido
O xerente de Ambulancias Sil Javier Cid, e os concelleiros de Sanidada e Deportes, Orlando Saavedra e Aurentino Alonso. /Foto: Mónica G. Bellver.

No campo de fútbol de Calabagueiros, no pavillón de Calabagueiros, no pavillón vello e no Campiño de Viloira. Son as catro instalacións deportivas nas que se instalarán os catro desfibriladores manuais que vén de adquirir o Concello do Barco de Valdeorras. En breve incorporarán dous máis que cederán á Policía Local e ao GES. O Barco convértese así nun espazo cardio protexido.

Así o anunciaba o concelleiro de Sanidade e Servizos Sociais, Orlando Saavedra, na mañá do 20 de decembro na rolda de prensa na que estivo acompañado polo concelleiro de Deportes, Aurentino Alonso e por Javier Cid, xerente de Ambulancias Sil, que suministran os equipos encargándose do seu mantemento, e tamén da formación sobre o manexo dos equipos “porque é importante que haxa xente disposta e que sepa utilizalos en caso de necesidade”, dixo Saavedra, asegurando que “non é unha moda, senón unha aposta pola prevención en materia de saúde”.

 

Un dos desfibriladores que adquiriu o Concello do Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.

O curso de 8 horas será impartido a un grupo de sesenta personas entre as que hai persoal municipal (fundamentalmente conserxes de instalaciónss deportivas, membros do GES e axentes municipais) e membros de clubs deportivos. “Case todos os clubs están mandando xente ao curso, e así garantimos que esté cuberta a posibilidade de ter que usar o desfibrilador en calquera actividade deportiva”, explicaba o edil de Deportes. O primeiro grupo recibía a clase teórica e práctiva na tarde de onte. O resto faráo o 27 de decembro. Despois haberá formación reciclada cada ano. Ademais no 2017 dende o Concello porán en marcha un plan de voluntarios de Valdeorras, para formarse en primeiros auxilios.

En España “hai 60.000 casos de parada cardíaca ao ano e, recibir asistencia nos tres primeiros minutos tras sufrir una arritmia maligna eleva o índice de supervivencia ao 85%, apuntou Javier Cid, incidindo na sinxeleza do uso dos desfibriladores que que están preparados para un uso pediátrico.

Artigos relacionados

Back to top button