DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Barco lembra a José Luis Puente nun emotivo campionato de karate

Antes dos premios entregáronlle unha placa á viúva e á nai do homenaxeado

Con bágoas nos ollos e case sen voz, Nicolás Rodríguez, responsable do KC River Stone do Barco de Valdeorras, intentaba dirixirse aos deportistas e familiares asistentes ao campionato de karate Memorial José Puente. Nun abarrotado pavillón de Calabagueiros, na tarde do 10 de novembro reuníanse karatekas de diferentes clubs de Galicia e León para rendir homenaxe ao mestre, José Luis Puente Murias, falecido en setembro de 2017.

O campionato desenvolvíase sen máis, pero era ao rematar, cando viña a parte máis difícil e emotiva que comezaba cos deportistas sobre o parqué visualizando a escuras un fermoso vídeo en memoria de Jose. De seguido, entre aplausos e bágoas o propio Nicolás entregaba unha placa á viúva e á nai do falecido, como recoñecemento ao labor “do meu compañeiro, do meu amigo”, dixo con apenas un fío de voz.

Incluso algúns dos moitos alumnos que tivo José colaboraron no campinato, sendo testemuñas, xunto ao público e os xuíces, da entrega de premios. En benxamín os gañadores foron Lia Penabad de Fene e Nathan Barreda do River Stone; en alevín A, Andrea Cotos de Maceda e Daniel García de Ponferrada; en alevín B Sara Torrecilla de Fene e Saúl Formoso de Maceda; en infantil A, Mencía Rodríguez e Samuel Seoane de Maceda; en infantil B, Angélica González e Martín Sánchez de Maceda; en cadete, Ana Álvarez e Diego Fuertes de Ponferrada; e en  xuvenil, Lucía Rodríguez de Toral de Los Vados e Adrián Helpi de Bazán.

A clasificación completa na vindeira edición de O Sil Deportivo.

Fotos: Mónica G. Bellver.
Máis información e fotos:
https://osil.info/mais-dun-cento-de-karatekas-no-i-memorial-jose-puente/

Artigos relacionados

Back to top button