ConcellosO BarcoÚltima hora

“O Barco libre de violencia machista”, lema do programa do 25N neste municipio

O acto central será unha concentración ás 12h. do 25 de novembro na Praza do Concello

 

Coa proposta “Valdeorras en Negro” encetarase o 22 de novembro o programa co que o Concello do Barco desenvolverá para conmemorar o “Día Internacional contra a Violencia de Xénero”, o 25 de novembro. “Un ano máis invitamos á hostalaría a que na semana do 22 ao 27, e en particular, o día 25, a xente se poña a camiseta negra que repartimos noutras ocasións ou simplemente unha camiseta negra, ademais de colocar de carteis de repulsa da violencia contra as mulleres nos seus escaparates. Pretendemos que O Barco sea un espacio libre de violencia machista”, explicaba o concelleiro de  Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, Orlando Saavedra.

O referente deste programa será unha concentración prevista para as 12h. do 25 de novembro na Praza do Concello. O acto incluirá unha proposta de “teatro transformador” (a cargo dun grupo de mozos: Sabela, Fran, Guti, Rocha, Manu e Amparo). Trátase dunha “escenificación breve de visualización de micro machismos”, matizaba Saavedra.

Despois procederase á lectura de manifestos, que prepararán previamente o alumnado dos institutos barquenses Lauro Olmo e Martaguisela, así como os do Colexio Divina Pastora e Lauro Olmo. Logo darase paso á actuación musical do dúo formado por Aitana Rodrígues Fernándes e Andrea Velasco Dacosta (con guitarra clásica e electrónica), coa colaboración Escola de Música do Conservatorio do Barco.

 

 

Finalmente darase lectura, como vén sendo habitual, a un manifesto institucional do Concello do Barco no que se expresa “o compromiso firme do Concello cos dereitos das mulleres, a erradicación de calquera tipo de violencia machista e combater calquera discurso negacionista e posicionamento político que negue a violencia de xénero ou rexeite as políticas públicas enfocadas á súa total erradicación”.

Finalmente, para o 25 de novembro ás 19 e 21 horas proxectarase no Teatro Lauro Olmo do Barco o filme “Volver a Empezar” (con entrada de balde ata completar aforo), coa colaboración do Cine Club Groucho Marx.

O concelleiro barquense de Igualdade tamén destacaba que “para participar nas diferentes actividades precísase gardar as normas establecidas no momento pola autoridade sanitaria. Uso de máscara , mantemento de distancia persoal, como cumprimento dos aforamento nos lugares pechados”.

Fotos: O SIL.

Artigos relacionados

Back to top button