ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco mantén 3 casos activos de Covid

Vista do Paseo do Malecón do Barco./ Foto: A.R.

 

Valdeorras rexistra neste luns 5 de xullo 3 casos activos de Covid, todos eles no Barco, segundo os datos da Consellería de Sanidade. O resto de concellos da comarca están libres de virus.

Estabilidade nas cifras que contrasta co que sucede na provincia, onde medran os positivos. Así, nesta xornada a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco contabiliza un total de 311 casos, fronte aos 279 de onte, o que supón 32 máis que onte. Deses 311, 177 corresponden ao concello de Ourense, segundo Sanidade.

En canto ás hospitalizacións, a provincia rexistra 7, todas elas en planta e no Hospital Universitario de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button