SanidadeÚltima hora

O Barco mantén a súa concentración semanal para pedir unha “primaria digna”

 

Unha semana máis, tal e como se vén facendo dende finais de maio, veciños e persoal sanitario concentrábanse neste xoves ás 12h. no exterior do Centro de Saúde do Barco para pedir melloras na atención primaria con pancartas con textos como “Xuntos por unha Atención Primaria digna”, entre outros.

Inicialmente este tipo de paróns viñan facéndose os luns, pero dende hai dúas semanas  comezaban a realizarse os xoves.

No caso da Rúa tamén continúan as concentracións con este mesmo fin, pero os luns diante do seu Centro de Saúde.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button