ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco mantén un único caso activo de Covid

Imaxe da avenida do Bierzo no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende o pasado sábado 27 de marzo O Barco rexistra un único caso activo de Covid-19, segundo os últimos datos comunicados polo Sergas ao Concello neste 30 de marzo.

En canto ao número de novos casos de Covid-19 diagnosticados no Barco nos últimos 14 días, non se detectaron novos casos. A incidencia acumulada para o concello a 14 días baixa e sitúase en ≤10, segundo a Consellería de Sanidade.

Fonte: Consellería de Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button