ConcellosÚltima hora

O Barco, nova parada para ‘A tropa de trapo’

Co espectáculo “Ti tamén contas” achegarase ao alumnado de 3º e 4º de Primaria no Teatro Lauro Olmo
Brais e Marta forman "A tropa de trapo".
Brais e Marta forman “A tropa de trapo”.

Marta Ortiz e Brais das Hortas (dous ensinantes de vocación que en 2006 xuntaron as súas inquedanzas pola narración oral) forman “A Tropa de Trapo”, un proxecto que fai reflexionar a nenas e nenos, mocidade e maiores coas súas diferentes iniciativas.

A xira “Ti tamén contas”, que ao longo deste ano percorre máis de vinte concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, recalará no Barco de Valdeorras mañá xoves 5 de novembro. A proposta músico-teatral, no seu formato para público infantil arrancará ás 11 horas no Teatro Lauro Olmo, ata onde se achegará alumnado de 3º e 4º de Primaria dos distintos centros escolares do municipio.

Sensibilizar sobre a solidariedade internacional é o obxectivo das historias que se escoitarán sobre o escenario. Primeiro, os contos “O home feliz”, “A pelota” ou “Tumbé” introducirán cuestións coma o materialismo, o traballo infantil ou as catástrofes naturais. De seguido, debatirase sobre a relación entre a abundancia e a felicidade, o consumo responsable ou a importancia da cooperación, sempre a través de dinámicas activas e participativas propostas pola compañía compostelá en colaboración co Fondo Galego de Cooperación.

Artigos relacionados

Back to top button