ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco organiza un curso de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes

Exterior da Casa Consistorial do Barco./ Foto: A.R.

 

Dende o Concello do Barco está a organizar un curso de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes, que permitirá aos participantes conseguir o Certificado de profesionalidade de nivel 2. Trátase dun curso totalmente gratuíto, dirixido prioritariamente a persoas desempregadas apuntadas na Oficina de Emprego.

O curso está subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade (Dirección Xeral de Formación e Colocación) e o seu comezo está previsto para finais deste mes, ten unha duración de 488 horas, es impartirase de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas.

As prazas son limitadas, cun máximo de 15 persoas para este curso. Os requisitos de acceso do alumnado para poder optar a unha das prazas do curso son as seguintes: estar en posesión da ESO, estudos superiores, ou estar en posesión das competencias clave de nivel 2 de matemáticas, galego e lingua castelá.

As persoas que estean interesadas en realiza-lo curso poden acudir ao Departamento de Emprego do Concello do Barco (na Consistorial vella) onde se lles facilitará todo tipo de información ao respecto, ou acudir directamente á Oficina de Emprego do Barco, e demandar alí a participación neste curso.

Artigos relacionados

Back to top button