ConcellosÚltima hora

O Barco organizará unha viaxe para ver o musical “Priscilla”

Un dos protagonistas deste espectáculo é o actor valdeorrés Christian Escuredo
Christian Escuredo (primeiro pola esquerda), cos outros dous protagonistas do musical “Priscilla. Reina del desierto”.
Christian Escuredo (primeiro pola esquerda), cos outros dous protagonistas do musical “Priscilla. Reina del desierto”.

A Concellería de Cultura e Educación do Barco vén de anunciar a organización dunha viaxe a Madrid para asistir ao musical “Priscilla. Reina del desierto”. Un dos tres protagonistas deste exitoso espectáculo é o actor barquense Christian Escuredo.

Esta viaxe está prevista para o sábado 13 de febreiro e as persoas interesadas deberán poñerse en contacto co Servizo de Cultura no teléfono 988320053 ou por correo electrónico (cultura@concellodobarco.org)

Cartaz da viaxe.
Cartaz da viaxe.

O prezo da excursión é de 75 euros e inclúe a viaxe en autocar, a entrada en platea (filas 4 a 11) na función das 18 horas no Teatro Alcalá e o xantar en La Tasca de Figueroa.

O próximo 28 de febreiro, cando leve 510 funcións continuadas e máis de trescentos mil espectadores no Teatro Alcalá, “Priscilla” rematará o seu ciclo en Madrid e no verán iniciará unha xira por varias cidades españolas, segundo se informa dende a Concellería de Cultura barquense.

Artigos relacionados

Back to top button