En portadaÚltima hora

O Barco pasará a nivel medio de restricións

Así o decidía o Comité Clínico na reunión que celebraba onte

Panorámica do Barco./ Foto: A.R.

 

Na reunión que celebraba onte o Comité Clínico que fai seguemento da pandemia do Covid en Galicia acordábase subir ao nivel medio de restrición sanitarias aos concellos de Foz e do Barco de Valdeorras, “cunha incidencia maior debido sobre todo aos gromos nos centros educativos”, tal e como anunciaba esta mañá o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.

Ademais incidía en que “os menores de 12 anos están sen vacinar, e agora mesmo é rango de idade que ten unha maior incidencia acumulada tanto en Galicia como no resto do estado”.

Pola contra, indicaba o conselleiro, “melloran os datos de Monforte de Lemos, o que nos fai baixar a nivel medio-baixo de restricións a este concello”.

Con respecto aos aforos, García Comesaña aseguraba que a boa evolución da pandemia leva a abrir a man en diferentes eixos. Así, no ámbito da cultura, no nivel máximo o aforo en actos queda no 50% e no resto de niveis no 75% en interior e exterior. Nas actividades deportivas e nos locais cívico-sociais os grupos máximos soben a 10 persoas; e nos espectáculos musicais, o aforo queda non 50% sentados no nivel máximo e 75% no resto. “Para os concertos ao aire libre de pé, puxemos un máximo de 5.000 persoas en parcelas de 500 sen superar o 33% desas parcelas”, explica o conselleiro, resumindo que “Galicia pasa ao 75% de aforo de forma xeral sempre que non haxa situacións de non uso de mascarilla. Se hai que quitala para comer ou beber, priman os criterios xerais da hostalaría”.

Estas medidas entrarán ás 00h. do vindeiro sábado.

Artigos relacionados

Back to top button