ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco pecha o subministro de auga para rego de xardíns e fontes prescindibles

O corte, que non afectará ao servizo de abastecemento domiciliario, será tamén aproveitado polos servizos técnicos para a realización de traballos de limpeza dos filtros

Zona de xardíns no Barco, ao final do Paseo do Malecón./ Foto: A.R.

 

O Concello do Barco segue tomando medidas fronte á actual situación de seca. Agora vén de anunciar que desde esta noite e durante as noites dos próximos tres días (mércores, xoves e venres), o Consorcio de Augas procederá ao corte do subministro de auga para rego de xardíns e fontes prescindibles (as que no están situadas preto de parques infantís), co fin de realizar un control do consumo que se rexistra en horario nocturno no núcleo urbano do Barco de Valdeorras.

“Este corte ten como obxectivo controlar os consumos dos regos dos xardíns e das fontes públicas, para proceder, na próxima semana, á instalación dun novo sistema de bombeo no depósito de augas do Barco. Este novo sistema terá maior capacidade, para poder afrontar con garantías o subministro domiciliario durante os próximos meses, ante a situación de seca existente actualmente e que pode agravarse no futuro, de continuar a carencia de precipitacións”, explican dende o Concello do Barco.

O corte non afectará ao servizo de abastecemento domiciliario

O corte, que non afectará ao servizo de abastecemento domiciliario, será tamén aproveitado polos servizos técnicos para a realización de traballos de limpeza dos filtros e dos decantadores do depósito de augas, que se viron afectados pola tormenta rexistrada este martes pola tarde en zonas afectadas polos lumes, e provocou o arrastre materiais cara os ríos e arroios da zona.

Artigos relacionados

Back to top button