ConcellosÚltima hora

O Barco pon en marcha o CLIA para ser “Cidade Amiga da Infancia”

16 estudantes de entre 8 e 12 anos conformarán o CLIA, Consello Local da Infancia e da Adolescencia
Panel para as eleccións no CEIP Divina Pastora.

O Barco de Valdeorras quere ser “Cidade Amiga da Infancia”, unha iniciativa promovida por UNICEF, e para iso un dos pasos a seguir é conformar un CLIA (Consello Local da Infancia e da Adolescencia) con catro representantes de cada un dos catro CEIP da localidade (un de 3º, un de 4º, un de 5º e un de 6º), sendo en total 16 os nenos e nenas con idades comprendidas entre os 8 e os 12 anos.

Durante a semana do 14 ao 18 de xaneiro levouse a cabo por parte da Concellería de Asuntos Sociais, un traballo nos centros educativos para explicar ao alumnado o proceso de eleccións. “Debían presentar a súa candidatura a un profesor xunto coa autorización asinada pola familia (unha carta que se lle entregou na que se explicaba todo o proceso)”, explican dende o Concello do Barco. Os candidatos de cada centro tiñan ata onte para facer a súa campaña e convencer aos seus cursos para que lle votaran.

E hoxe, 29 de xaneiro é o día previsto para as eleccións, coa colocación de urnas en cada clase para que o alumnado depositara o seu voto. Cada neno só pode votar aos candidatos do seu curso, e só a dous deles. O máis votado será o que represente a ese curso no CLIA.

A idea é que no mes de  febreiro eses 16 representantes electos teñan xa unha reunión cunha monitora (a persoa que dinamiza o CLIA) e comecen a traballar nas propostas para o Concello. “O que se pensou ata o de agora e o que se lles presentou a eles, é que se farán reunións do CLIA cada 3 meses nun horario que nunca interfira coa escola. E, unha vez ao ano, normalmente coincidindo co 20 de novembro (Día da Infancia) se realice un Pleno Infantil”, adiantan dende o Concello, engadindo que a semana na que se fixo a presentación se lles entregou un buzón de suxestións onde os nenos que non formen parte do CLIA poidan meter a cuestións que segundo eles poden mellorar no Barco. Os representantes desa escola, cando haxa reunión do CLIA, terán que traer todas as cuestións que haxa no seu buzón para traballar sobre elas.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close