ConcellosÚltima hora

O Barco porá en marcha un programa de trampeo contra a velutina

O Concello, en colaboración coa Asociación Valdeorresa de Apicultores, organizará unha reunión informativa o 20 de febreiro ás 19:30h. no multiusos

Niño de Vespa velutina./ Foto: Ángeles Rodríguez.

 

Buscando intensificar a loita contra a Vespa velutina o Concello do Barco ten previsto poñer en marcha un programa de trampeo dirixido “a toda a veciñanza do municipio, e especialmente a do medio rural, con interese en coñecer os detalles da preparación e instalación das trampas contra estes insectos”, segundo se informa dende esta administración local.

Deste xeito, e en colaboración coa Asociación Valdeorresa de Apicultores, o Concello ten previsto organizar unha reunión o próximo xoves, día 20 de febreiro, ás 19:30h. no Salón de Actos do edificio multiusos. Nesa xuntanza explicarase a forma de fabricación das trampas para este insecto invsaor e daranse as instrucións para proceder á súa colocación en diferentes zonas do término municipal.

A esta reunión, á que tamén se convidará aos pedáneos de todos os núcleos de poboación, poden acudir todos os veciños que o desexen, xa que a “Vespa velutina non só supón un perigo para a apicultura, senón tamén para o resto da veciñanza”, segundo o Concello

Artigos relacionados

Back to top button
Close