ConcellosÚltima hora

O Barco prepárase para celebrar a Romaría do Serro e Vilobal

Música e cultos na honra á Virxe do Carme, o vindeiro sábado 15 de xullo
Unha das misas celebradas no Serro na honra á Virxe do Carme. /Foto: Mónica G. Bellver.

Os barrios barquenses do Serro e Vilobal están xa preparados para celebrar a tradicional romaría na honra á Virxe do Carme, con actividades lúdicas e relixiosas previstas para os días 14 e 15 de xullo.

A festa arrancará o venres pola tarde con baile a cargo do Trío Estilo, grupo musical que tamén amenizará a verbena, despois da cea popular prevista para as 22 horas.

Con todo, o día grande da celebración será o sábado, 15 de xullo, coa procesión e misa ao aire libre prevista para as 12:30h. A continuación haberá sesión vermú a cargo do Trío CQC (Caiga Quien Caiga) que tamén porá son á tarde e á noite. A partires das 23 horas haberá verbena e a continuación queimada e bica gratis para os asistentes.

 

Artigos relacionados

Back to top button