ConcellosÚltima hora

O Barco presenta o seu 3º Salón Gastronómico

Desenvolverase os días 9 e 10 de agosto no Paseo do Malecón do Barco
Presentación do 3º Salón Gastronómico do Barco./ Foto: Ángeles Rodríguez
Presentación do 3º Salón Gastronómico do Barco./ Foto: Ángeles Rodríguez

Viños, escumosos, queixos, marmeladas, mel, embutidos, aceite ou doces. Son algúns dos produtos que porán á venda no paseo barquense do Malecón os días 9 e 10 de agosto no marco do “3º Salón Gastronómico dos produtos de Excelencia da Eurorrexión”.

“No recinto feiral haberá uns 17 expositores”, explicaba Irene Dacal, concelleira de Promoción Económica, Turismo e Comercio, durante a presentación esta mostra, que tiña lugar na mañá do 31 de xullo no Concello do Barco. Os produtores que participarán do certame serán de Valdeorras, pero tamén doutros puntos de Ourense como Verín ou o Xurés, ou de zonas lucenses como Quiroga ou O Caurel.

Esta iniciativa está incluída no proxecto Eixo Interior, do que forma parte o Concello do Barco, xunto con outras entidades como o Eixo Atlántico. Nese senso, o alcalde barquense, Alfredo García, anunciaba a boa acollida desta iniciativa en diversos organismos e o interese por darlle continuidade e por optar aos novos fondos europeos no 2015. Nese senso, o Eixo Atlántico aportará un becario que durante 16 meses (a partir do 1 de setembro) traballará no Barco para manter activo o programa neste tempo.

Texto: A.R.
(Máis información na edición en papel de agosto do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button