ConcellosÚltima hora

O Barco pretende continuar coa rehabilitación da fortaleza do Castro

O Concello remitirá aos ministerios de Fomento e Cultura unha memoria valorada do proxecto para solicitar financiación
Alfredo García, alcalde do Barco, e o concelleiro de Cultura, Eduardo Ojea, na rolda de prensa na que presentou a nova memoria para a rehabilitación do Castro./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Alfredo García, alcalde do Barco, e o concelleiro de Cultura, Eduardo Ojea, na rolda de prensa na que presentou a nova memoria para a rehabilitación do Castro./ Foto: Ángeles Rodríguez.

“É un proxecto moi interesante, de continuidade e que pretende deixar claro que queremos terminar esta rehabilitación da fortaleza do Castro”. Deste xeiro se refería o alcalde do Barco, Alfredo García, á “Memoria valorada para a rehabilitación integral da fortaleza do Castro” que vén de pasar por comisión de obras e que en breve será remitida aos ministerios de Fomento e Cultura co fin de lograr finanación para poder levar adiante este proxecto.

Tras a rehabilitación e posta en valor da torre do Castro (que se inauguraba o pasado verán e contaba con financiamento do 1% de Fomento), agora preténdese continuar nesta liña con novas intervencións e fases, a primeira das cales será consolidar a muralla e “poñer en valor o que está intramuros”, ademais de facer un camiño natural, segundo adianta o rexidor barquense. Estes traballos incluirán tamén unha escavación arqueolóxica co fin de localizar máis restos de valor. Na memoria estímase que sería necesaria unha inversión de 275.000 euros.

Visitantes na torre da vila do Castro./ Foto: Carlos G. Hervella.
Visitantes na torre da vila do Castro./ Foto: Carlos G. Hervella.

“O Castro é un referente dende un punto de vista histórico e arquitectónico e de reclamo turístico para a comarca de Valdeorras e se queremos potencialo teremos que recuperar todos os valores que posúe”, incide Alfredo García.

Artigos relacionados

Back to top button