ConcellosÚltima hora

O Barco prevé crear unha zona de esparexemento canino preto da Casa do Río Cigüeño

A intervención incluirá a instalación de elementos para xogos e exercicio para os animais

 

Plano do proxecto que se pretende levar a cabo.

 

Na Comisión de Medio Ambiente do Barco, celebrada na mañá do 20 de marzo, o grupo de goberno vén de presentar unha proposta para habilitar unha zona canina de esparexemento nas proximidades da Casa do Río Cigüeño na vila. Esta iniciativa ten sido “ben acollida por todos os grupos políticos representados na Corporación, aos que se lle presentaron dúas alternativas na mesma zona. Finalmente todos os grupos preferiron a área máis próxima ao acceso á avenida do Bierzo cunha superficie aproximada de 1.400 metros cadrados”, tal e como se informa dende o Concello do Barco.

Este espazo será acondicionado para o seu uso por parte dos cans do municipio. Así, procederase ao sementado de céspede e á instalación de sistemas e rego automático, plantaranse árbores para dar sombra e pecharase todo o espazo, segundo se adianta dende o Concello. Tamén está prevista a instalación de elementos para xogos e exercicio para os animais. A intervención completarase con papeleiras e carteis coas instrucións de uso da zona de esparexemento canino.

 

 

Exterior da Casa do Río Cigüeño./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button