O Barco prevé sacar a concurso a piscina cuberta a finais de xullo

Así o sinalaba o alcalde durante o pleno municipal celebrado na tarde do 10 de xullo

Imaxe da sesión plenaria celebrada na tarde do 10 de xullo no Concello do Barco./ Foto: A.R.

“Estamos traballando para que, canto antes, saia a concurso a piscina cuberta”. Dese xeito respondía o alcalde do Barco, Alfredo García, a unha pregunta plantexada durante o pleno celebrado na tarde do 10 de xullo por parte do portavoz municipal do PP, Arsenio Moldes.

O rexedor barquense sinalaba que aínda non se empezaron as obras de mellora nesta instalación deportiva e que, “en canto teñamos os proxectos (un de obra e outro de instalacións), éstes irán á comisión de obras”. Por outra banda, a documentación para sacar a piscina a concurso incluirá un prego técnico e de viabilidade económica, e “esperamos ter a finais de xullo toda a documentación para sacala a concurso”.

Nesta sesión plenaria tamén se aprobaba, por unanimidade, a solicitude de subvención ao IDAE para levar a cabo dous proxectos de eficiencia enerxética no Teatro Lauro Olmo do Barco.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies