En portadaÚltima hora

O Barco promove unhas xornadas para amosar as potencialidades do medio rural

Comezarán o 10 de decembro cunha ponencia sobre a mobilización de terras produtivas e prolongaranse ata o 28 de xaneiro

 

O alcalde do Barco e concelleira de Promoción Económica, na presentación das xornadas.

As oliveiras, a castaña ou os arandos. Sobre estes produtos e as súas oportunidade como cultivos de futuro para o medio rural falarase, entre outras cuestións, no foro “Xornadas sore as oportunidades do medio rural” que promoverá o Concello do Barco entre o 10 de decembro o 28 de xaneiro. A presentación desta proposta tiña lugar na mañá do 4 de decembro nun acto que contaba coa presenza do alcalde do Barco, Alfredo García, e da concelleira de Promoción Económica, Irene Dacal.

Estas xornadas celebraranse no salón de actos do edificio multiusos do Barco sempre ás 19h. A primeira delas está programada para o 10 de decembro e será impartida por Alejandro Sánchez de Dios, subdirector de Mobilidade de Terras e responsable do Banco de Terras de Galicia. O seu relatorio leva por título “A loita contra o abandono e a mobilización de terras produtivas”.

O resto do programa é o seguinte:

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close