ConcellosEn portadaÚltima hora

O Barco proxecta musealizar a antiga zona industrial de Cedie

Anunciábao o seu alcalde durante a visita realizada polo conselleiro de Economía a esta empresa valdeorresa

 

Facer da antiga zona industrial de Cedie, que abrangue uns 14.000 m2, un museo. É o proxecto no que traballa o Concello do Barco en colaboración coa empresa valdeorresa. Así o anunciaba o alcalde do Barco, Alfredo García, durante a visita que realizaba na mañá do 26 de novembro o conselleiro de Economía, Francisco Conde, a esta empresa.

“Un aspecto que para a dirección de Xagoaza Inversiones e para Honorato López Isla é fundamental é a recuperación de toda a zona vella de Cedie, onde están todas as naves industriais que foron o santo e seña desta empresa”, aseguraba Alfredo García.

Neste senso, o Concello do Barco ten previsto realizar unha modificación do plan xeral de ordenación municipal na zona de Cedie e, a partir dese cambio, os 14.000 m2 onde se sitúan os antigos fornos de cal, caliza, carburos, etc, “pasarían a ser públicos coa intención de que sexan, por unha banda un museo industrial”, proseguía o rexedor barquense.

 

O alcalde do Barco, Alfredo García, xunto a Francisco Conde e a Honorato López Isla.

 

Con este proxecto preténdese “converter as naves en espazos museísticos e en espazos de eventos e de infraestruturas públicas, aínda que non imos ir máis aló e dicir agora que tipo de museos e demais. A idea é crear unha fundación na que non só estea o Concello do Barco e a propia Cedie, senón que tamén intentaremos meter a outros actores porque iso vai supoñer un gran investimento”, matizaba Alfredo García.

“Entedemos que será unha aposta decidida por outro aspecto, outro desenvolvemento económico para a comarca, que pode ser o turismo, e, neste caso, o turismo cultural que cremos que é un polo importante de desenvolvemento económico”, concluía o alcalde do Barco.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información:
https://www.osil.info/francisco-conde-a-actividade-de-cedie-demostra-que-tamen-desde-o-rural-se-poden-construir-novos-proxectos/

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close