Ao longo destas datas de Nadal as rúas do Barco están completamente ateigadas de xente. Son numerosas as persoas e familias as que se achegan ata a vila para desfrutar das actividades do Nadal, pero tamén para mercar tanto produtos de alimentación, como outro de artigos tendo en conta a proxmidade da vindeira data de Reis.
Ademais durante estas festas, os establecementos participantes na campaña de Nadal da Asociación Empresarial de Valdeorras e do Barco Centro Comercial Aberto abren nas tardes dos sábados e están a repartir rifas para o sorteo de 1.000 euros en vales de compra e tamén entradas para a pista de patinaxe sobre xeo sintético que se instalará no pavillón do Barco entre o 1 e o 8 de xaneiro.
Fotos: Carlos G. Hervella.