ConcellosÚltima hora

O Barco realizará desinfeccións especiais dos contenedores de lixo de todo o municipio

O Concello informa de que se pechará de forma temporal o punto limpo

Un dos camións de recollida de residuos no Barco.

 

A empresa FCC, logo de manter un encontro cos responsables do Concello do Barco, vén de poñer en marcha un protocolo especial pola situación de alerta sanitaria, que inclúe medidas de protección para a plantilla e a realización de desinfeccións especiais dos contenedores de lixo existentes en todo o municipio, segundo informa o Concello.

Tamén se indica dende esta administración local que as desinfeccións “realizarase coa mesma frecuencia que as recollidas, e céntranse de forma máis intensa nas partes dos recipientes que os cidadáns acostuman manipular ao abrir aos contenedores”.

Ademais infórmase que tamén se acordou hoxe pechar “de forma temporal, o punto limpo do Barco, dado que se trata dun punto sensible para a acumulación de cidadáns. Si se continuara coa recollida de enseres e do papel e cartón porta a porta, xa que se manteñen todos os servizos de recollida de lixo e limpeza viaria que presta FCC”.

Artigos relacionados

Back to top button