ConcellosÚltima hora

O Barco realizará obras de urbanización en rúas de Éntoma e de Viloira

O Concello acaba de sacar a licitación estas actuacións que suporán un investimento total de 153.615 euros
Vista panorámica de Viloira dende O Barco.

Dende o Concello do Barco vén de sacarse a concurso o proxecto de obras de urbanización da rúa Elena Quiroga de Viloira, así como da zona do cemiterio desta localidade. Esta actuación terá un orzamento de 55.615 euros (IVE incluído). A data límite para a presentación de ofertas será o 17 de decembro deste ano.

Por outra banda, o Concello tamén acaba de sacar a licitación o proxecto de obra de urbanización das rúas Camiño Real e Camiño de Outeiro en Éntoma. Esta intervención contará cun orzamento de 98.000 euros (IVE incluído). Neste caso o prazo máximo para presentar ofertas será o 17 de decembro.

Artigos relacionados

Back to top button