ConcellosÚltima hora

O Barco recuperará a feira de Viloira o vindeiro 6 de xuño

Situarase na praza Otero Pedrayo con produtos agroalimentarios e os postos habituais de catro pulpeiras

Praza Otero Pedrayo de Viloira (O Barco)./ Foto: A.R.

 

Despois de case tres meses sen celebrarse debido á crise do Covid-19, a feira barquense de Viloira volverá cobrar vida o vindeiro sábado 6 de xuño, pero con certos cambios. O primeiro deles será a súa ubicación que será unicamente na praza Otero Pedrayo, co fin de manter as medidas de seguridade e sanitarias.

Dende o Concello do Barco só se permitirá a presenza dun terzo dos postos da feira, un total de 20, dando preferencia aos de produtos agroalimentarios. E haberá unha distancia de 4 m entre posto e posto, entre outrs medias. Tamén volverán a traballar as pulpeiras, que si manterán os seus postos habituais.

 

Artigos relacionados

Back to top button