ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O Barco réndese ao engado do barro

Ata o vindeiro domingo 1 de xuño o Paseo do Malecón acollerá a II Mostra Internacional de Alfarería

Preto de vinte alfareiros chegados de Galicia, pero tamén de diferentes puntos de Castela e León, Extremadura, Castela A Mancha e ata Marrocos participan na segunda edición da Mostra Internacional de Alfarería que se inauguraba na mañá do 29 de maio no Paseo do Malecón do Barco, coa presenza do alcalde do Barco, Alfredo García, da concelleira de Promoción Económica, Turismo e Comercio, Irene Daca; así como do secretario da Federación Interrexional de Alfareiros de España (Finral), Miguel González,

Ademais de exposición e venda de obxectos de moi diverso tipo creados con barro, este certame tamén inclúe demostracións en vivo destes artesáns do barro pensadas tanto para maiores como para nenos.

Fotos: Ángeles Rodríguez
(Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button