En portadaÚltima hora

O Barco repartirá 2.000 euros en premios no concurso dos Maios

Nas bases do certame establécense tres categorías: Maios, Coplas e Arcos Florais
Festa dos Maios no Barco./ Foto: A.R.

Con motivo da celebración o vindeiro 1 de maio da tradicional Festa dos Maios no Barco, o Concello vén de convocar o concurso de Maios, Coplas e Arcos Florais, para cuxos premios se establece unha dotación económica de 2.000 euros. As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición no rexistro do Concello do Barco ata ás 12 horas do día 30 de abril.

Para as categorías de Maios hai un total de cinco premios: un primeiro de 300 euros, o segundo, de 250 euros, e o terceiro, de 150 euros. Tamén se establecen dous accésits de 50 euros cada un. Os premios para as coplas serán catro: un primeiro de 200 euros, un segundo de 100 euros, e dous accésits de 50 euros. Na categoría de arcos florais hai un premio único, consistente nun lote de libros.

As bases para a participación nas tres modalidades deste concurso, así como os anexos para a inscrición no concurso, están a disposición dos interesados no rexistro do Concello do Barco,

Artigos relacionados

Back to top button