ConcellosEn portadaO BarcoÚltima hora

O Barco rexistra 112 casos activos de Covid, 16 máis que onte

Praza do Concello do Barco./ Foto: A.R.

 

Por segundo día consecutivo dispárase as cifras de casos activos de Covid no Barco de Valdeorras, superando xa o cento. Segundo os últimos datos feitos públicos neste xoves 15 de xullo (actualizados ás 18h. de onte), son 112 os positivos de coronavirus rexistrados neste municipio, o que supón 16 máis que onte.

A incidencia acumulada no municipio sitúase nos últimos 7 días en >250, mentres que nos útimos 14 días sitúase entre >500, segundo a Consellería de Sanidade.

Nesta xornada tampouco se rexistran ingresos por coronavirus no Hospital Público de Valdeorras.

 

 

Compre lembrar que no cribado masivo que se realizaba na tarde de onte no Pavillón de Calabagueiros, cunha participación do 42,15% (843 persoas das 2.000 convocadas de entre 16 e 35 anos), os test de antíxenos detectaban 14 positivos, algúns dos cales se verán reflexados nas cifras mañá.

Con respecto ao conxunto da provincia, segundo os datos facilitados polo Sergas, contabilízanse 1.429 infeccións activas, 214 casos máis que onte. Ourense ten 782, seguida do Barco (112), Barbadás (83), O Carballiño (64), Ribadavia (36), Allariz (35), O Pereiro de Aguiar (29), Xinzo de Limia (23), San Cibrao das Viñas (18), Celanova (17), Avión (16) e Verín e Maceda (11).

 

Artigos relacionados

Back to top button