ConcellosEn portadaO BarcoÚltima hora

O Barco rexistra 15 positivos en escolas e institutos e dúas aulas pechadas

Son 5 casos menos que os rexistrados o 10 de outubro, última ata agora na que a Xunta facilitara datos

 

Tendencia á baixa nos casos activos de coronavirus nas escolas e institutos do concello do Barco. Así, segundo os datos que vén de notificar a Xunta neste mércores 14 de outubro, rexístranse un total de 15 positivos e dúas aulas pechadas, 5 menos que o 10 de outubro (última data na que se facilitaron datos anteriormente).

Incorpórase á listaxe de casos a Gardería Los Juglares do Barco cun positivo e cunha aula pechada. Ademais o CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán Canalejas rexistra 2 positivos (un menos), o CEIP Otero Pedrayo de Viloira 4 (1 menos), o Colexio Divina Pastora 2 (3 menos), o IES Martaguisela 4 e mantén unha aula pechada e o IES Lauro Olmo 2. Por outra banda, mantense libre de coronavirus o CEIP Condesa de Fenosa.

Artigos relacionados

Back to top button