En portadaÚltima hora

O Barco rexistra 176 casos activos por Covid, 5 máis que onte

Praza do Concello do Barco./ Foto: A.R.

 

Prosegue a suba de casos activos de coronavirus no Barco. Segundo os últimos datos feitos públicos polo Sergas neste 20 de xullo (actualizados ás 18h. de onte), son 176 os positivos de Covid-19 rexistrados neste municipio, o que supón 5 máis que onte.

A incidencia acumulada no municipio sitúase nos últimos 7 días en >250, mentres que nos útimos 14 días está en >500, segundo a Consellería de Sanidade.

Nesta xornada tampouco se rexistran ingresos por coronavirus no Hospital Público de Valdeorras. No Hospital de Ourense volven medrar as persoas hospitalizadas, un total de 36 (7 máis que onte), 2 delas están na UCI, mentres que o Hospital de Verín mantén un ingreso por Covid.

Fonte: Consellería de Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button