ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco rexistra 36 casos activos de Covid

Paseo do Malecón do Barco./ Foto: A.R.

 

Logo de que O Barco se mantivese a mediados de setembro en 15 casos activos de Covid, os positivos volvían iniciar unha tendencia aos ascenso neste municipio o 16 de setembro, chegando aos 17 casos. A partir aí a curva comezaba a medrar lenta, pero progresivamente, ata situarse en 35 positivos o día 20 e ata os 36 deste 22 de setembro.

Un brote escolar é un dos motivos dese incremento, tal e como confirmaba o propio conselleiro de Sanidade, Julio García, esta mañá tras anunciar que O Barco pasará a nivel medio de restricións a partir das 00h. do vindeiro sábado, xunto con Foz.

Un total de 45 casos activos en Valdeorras

Ademais dos 36 casos activos rexistrados no Barco, en Valdeorras hai outros 9 positivos: 1 no Bolo, 2 en Carballeda, 3 na Rúa, 1 en Rubiá e 2 na Veiga, segundo os datos facilitados polo Sergas aos Concello.

Artigos relacionados

Back to top button