Repunte no número de casos activos de coronavirus no concello do Barco. Rexistra 50 positivos, o que significa 5 máis que onte, segundo os datos que lle vén de comunicar neste xoves o Sergas ao Concello do Barco.
Este municipio valdeorrés mantén o nivel de alerta vermello no mapa galego do Covid que elabora a Consellería de Sanidade, con máis de 21 novos casos confirmados por PCR nos últimos 7 días.