ConcellosÚltima hora

O Barco rexistra 55 casos activos de Covid, 3 máis que onte

Praza do Concello do Barco./ Foto: A.R.

 

Lixeira repunta de casos activos no Barco tras unha xornada de estabilidade. O municipio rexistra 55 positivos de Covid, 3 máis que onte. No caso da comarca son un total de 60 os casos, segundo os datos (actualizados ás 18h. de onte) comunicados aos concellos polo Sergas.

Ademais dos xa citados do Barco, en Valdeorras hai outros 5 casos activos: 1 en Carballeda, 2 na Rúa, 1 en Rubiá e 1 en Vilamartín, segundo os datos facilitados polo Sergas aos Concellos. Larouco, O Bolo Petín e A Veiga están libres de virus.

Artigos relacionados

Back to top button