ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco rexistra 9 casos activos de Covid, 3 menos que onte

Panorámica do Barco./ Foto: A.R.

 

Volven descender os positivos de coronavirus do Barco. Este municipio rexistra un total 9 casos activos de Covid-19, 3 menos que onte, segundo os últimos datos comunicados polo Sergas ao Concello neste 3 de marzo.

En canto ao número de novos casos de Covid-19 diagnosticados no Barco nos últimos 14 días, éstes sitúanse en 10, 2 menos que onte. A incidencia acumulada para o concello a 14 días mantense en >50 e ≤150, segundo a Consellería de Sanidade.

Fonte: Consellería de Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button