En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O Barco rozando a prealerta por desbordamento do Sil

Continúa a medrar o nivel do río Sil ao seu paso pola localidade valdeorresa do Barco. Así a altura do río ás seis da tarde do 10 de xaneiro acadaba os 9,06 metros de altura cun caudal de 942,2 metros cúbicos por segundo, segundo os datos da Confederacion Hidrográfica Miño-Sil. Uns datos que este organismo sitúa no umbral de prealerta, segundo as estatísticas da súa páxina web.

Nestas imaxes pode verse a forza e a altura da auga dende a ponte de Viloira, pasando polo porto da Barco (na zona antiga do Barco) e tamén no Malecón, onde desemboca o río Cigüeño. A auga cubre por completo o paseo fluvial da beira do río. Numerosos barquenses se achegaban ata a zona para ver a espectacular imaxe que ofrece o Sil.

Fotos: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button